Si cerca de la biblioteca teneis un jardín ya no os faltará nada. Marco Tullio Cicerón.

22 mar. 2015

SEMANA DA PRENSA 2015

Do 9 ao 13 de marzo celebramos na biblioteca do centro a semana da prensa cunha exposición de xornais de todos os continentes. Acompañamos a actividade cunha unidade didáctica que invitaba á exploración dos  xornais expostos, á observación de sistemas de escritura diferentes do noso e a unha reflexión xeográfica da mostra.
O alumnado tamén tivo a oportunidade de ver unha presentación na propia biblioteca sobre o proceso de traballo necesario para que podamos ter o xornal listo cada mañá.

No hay comentarios :

Publicar un comentario