Si cerca de la biblioteca teneis un jardín ya no os faltará nada. Marco Tullio Cicerón.

22 sept. 2016

Telearqueoloxía no IES de Ponte Caldelas

Os alumnos e alumnas do IES de Ponte Caldelas participarán no Festival de curtametraxes sobre o patrimonio arqueolóxico da provincia de Pontevedra da man da profesora Pilar Rubio. Como ben sabemos, o noso concello goza dunha grande cantidade de xacementos  arqueolóxicos, entre os que destacan os seus interesantes conxuntos de petróglifos da Idade de Bronce (Tourón, Caritel, Forzáns, etc.) ou mesmo os diferentes castros da Idade do Ferro como poden ser os de Tourón, Barbudo, Parada ou Forzáns.
Fotos tomadas da páxina telearqueoloxía mentres realizaban a presentación do proxecto no noso centro o 21 de setembro

No hay comentarios :

Publicar un comentario