Si cerca de la biblioteca teneis un jardín ya no os faltará nada. Marco Tullio Cicerón.

5 jun. 2017

"ALUMA EN FEMININO" (2017): Clotilde Fernández Orge: a muller que alumeou unha vila

    Dende o curso 2014-15 O Grupo de Dinamización da Convivencia coa colaboración do Deparatamento de Orientación veñen convocando o premio "Aluma en Feminino" co obxectivo de recoñecer a mulleres, homes ou institucións que realizen ou realizaran actividades a prol da igualdade de xénero ou ben por seren exemplos a seguer pola súa actividade na contorna do IES.
      No presente curso 2016-17 o premio "Aluma en Femenino" veu a recaer en Dona Clotilde Fernández Orge (1864-1921) unha muller "empresaria" na vila de Ponte Caldelas nos derradeiros anos do século XIX. 
         A candidatura desta muller foi presentada ao Grupo de Dinamización polo alumnado de 2º ESO B, baixo a dirección do seu titor- Alfonso Díaz- e o Grupo de Dinamización e o Departamento de Orientación desenvolveron este proxecto do que serven de exemplo os seguintes videos:

Acto homenaxe no IES de Ponte Caldelas.


Clotilde Fernandez Orge : a muller que alumeou unha vila. 
 (video-biográfico)

No hay comentarios :

Publicar un comentario